20 dic 2010

Posicionamento de Nova Luce sobre o (pseudo)plan de financiamento

Durante a negociación e tramitación do plan de financiamento das universidades do SUG, Nova Luce decidiu expresar a súa opinión unicamente nos órganos de goberno da UDC, como sucedeu no último claustro, onde o equipo reitoral presentou para a súa aprobación o documento de liñas estratéxicas 2010-11. O pasado venres o Consello Galego de Universidades aprobou o chamado plan de financiamento para os anos 2011-2015. Cremos que é o momento de dar a nosa opinión.

En primeiro lugar, o que presenta a Xunta non é un plan, nin contén previsións claras a respecto do futuro, nin sequera están claros os criterios que se establecen nel. Ante a imposibilidade da Xunta de elaborar e propor un documento serio, sensato, razoable e coherente, o Goberno galego bótase pola rúa do medio: deixamos todo como está para o ano 2011 e xa veremos que facemos no 2012 e sucesivos.

O investimento anunciado pola consellería en universidades até o 2015 supón unha previsión do 0,65% en relación ao PIB para o período de vixencia, o que supón un retroceso significativo a respecto do 0,72% correspondente ao ano 2009. Aínda teremos que estar agradecidos por “só” reducirnos un 5% o orzamento para 2011 e contentarnos coa promesa de chegar ao final da lexislatura a un 1,01% do PIB. Difícil creeelo.

Esta situación é grave para o SUG, pero é dramática para a UDC. No momento da súa fundación, a UDC ocupaba o derradeiro lugar no financiamento por alumno —posto que non abandonou aínda— e presentaba importantes deficiencias en infraestrutura (a máis lacerante é a total inexistencia de residencias universitarias públicas nos campus da UDC). Entre 2004 e 2009 déronse pasos decididos para ir superando a situación de desequilibrio combinando xestión ordenada e realista con avances. Mais coa chegada do novo goberno en maio de 2009, paralízase a resolución do concurso de construción da residencia universitaria, suspéndense a dotación de infraestrutura con cargo a fondos FEDER comprometida por 10 millóns de euros, dificúltase o crecemento do parque tecnolóxico, suprímense os centros da Innovación do Plástico, do Naval, do Téxtil, etc. Tratase de afogar a UDC a través da paralización das súas apostas estratéxicas, impedindo que a UDC dese un salto cualitativo en calidade e competencia como institución de Educación Superior.

Nova Luce non só non está incómoda co feito de que o financiamento se estableza a partir de resultados, senón que apoia formulacións destas características xa que as valora como oportunidades para a mellora. Agora resulta que, despois de tanto enredar con tantas voltas, reviravoltas e indicadores deseñados ad hoc, e ante a incapacidade da Xunta para presentar un plan serio e capaz de pór o conxunto do SUG nunha posición favorable para competir coas universidades do mundo, a saída á situación é que… aplicamos criterios históricos e nos retrotraemos á foto fixa das universidades do SUG no ano 2005. Como di o vicerreitor, “lampedusianamente” cambiaron todo o plan para que nada cambie. Decepcionante.

Abofé que somos conscientes de que a conxuntura económica non é favorable, pero nun plan a 4 anos deben aparecer claramente expresados os mecanismos que permitan que esa converxencia poida realizarse. O contrario —é dicir, crear novas fendas no SUG e agrandar a xa existentes— é apostar por universidades que non serán capaces de destacar en ningún ámbito. Temos que saber que a competencia non se formula entre as universidades galegas, senón que o ámbito de actuación é hoxe en día internacional, mundial. Apostar por un SUG homoxéneo é garantía de cooperación e de avance conxunto das tres universitarias. O contrario é afundir as tres universidades e o país no seu conxunto na mediocridade.

Esiximos por tanto que da Xunta desbloquee dunha vez a construción da residencia universitaria, que se estableza mecanismos que permitan reducir a situación de atraso histórico da UDC e que se fixen uns criterios claros, definidos e xustos para o financiamento do conxunto do SUG. Mentres isto non se produza estaremos nun xogo onde algún dos xogadores xoga con cartas marcadas e o apoio do árbitro.

Versión completa do texto

19 dic 2010

Que din os rumorosos

© Xoán del Río, © EL CORREO GALLEGO 19/12/2010

1. Ten a Xunta definida algunha aposta de futuro que salvar da crise? Se as axudas ao sector do automóbil non frean os ERE, abandónanse á súa sorte aos investigadores, o sector audiovisual está a piques de botar o peche, como o fixeron miles de autónomos, os recortes financeiros asfixian aos ensinos medios e universitarios, a sanidade vai en franco declive e as prestacións sociais redúcense, Serán os "renove" -do moble ás xanelas- as únicas ideas "creativas" do Goberno autonómico?

2. É consciente a Xunta de que está a hipotecar o futuro de Galicia? Se, coa escusa falaz da falta de recursos, abandónanse os investimentos para avanzar en formación e en I+D, É consciente a Xunta que cando retorne a bonanza económica outros países e comunidades levarannos unha vez máis a dianteira de contar cunhas novas xeracións máis emprendedoras, mellor formadas e co valor engadido que supoñen os avances en investigación?

3. Até cando a desculpa da crise servirá de coartada? Como aos gobernantes hai que valoralos cando os ventos do progreso non son propicios, é agora mesmo cando hai que esixirlles que suplan diñeiro con traballo e imaxinación. Todo, menos a indolencia.
(Versión en galego: NovaLuce)

12 dic 2010

Cando a verdade molesta

Os resultados das últimas eleccións ao claustro parece que incrementou a sensibilidade dalgúns que tratan de superar a súa frustración acusando aos demais das súas propias debilidades. De tanto repetilas acaban créndose as súas propias mentiras. Alégranos que estudasen con tanto detemento o esforzo que fixo Nova Luce por presentar candidatos/as ao claustro. Nós tamén estudamos as listas de candidatos tratando de atopar aos autonomeados “renovadores” ou “alternativos” pero parece que só existen no mundo virtual.

Molesta que Nova Luce diga que o 90% dos seus candidatos foron elixidos. É fácil calculalo, presentanse 80 candidatos, no sector A e B, e son elixidos 71, o resultado é que o 88,89%, redondeando o 90 %, foi elixido. Non é opinión nin triunfalismo, son datos obxectivos. O resto dos elixidos é unha lexión de independentes que, como o seu nome indica, representan moi distintas e lexítimas opcións persoais. Ou é que se quere insinuar que non son independentes e todos pertencen a algunha das agrupacións críticas?. Iso, á parte dunha falta de respecto cara a eles, é totalmente falso e sabemos por que o dicimos.

Para atacar a NL trátase de desprezar aos candidatos elixidos nos centros nos que non foi necesario realizar eleccións. Tratamos de presentar o número de candidatos necesarios para cubrir só a maioría, norma que autoimponse Nova Luce para asegurar a representación das minorías. Neses centros presentáronse o número de “independentes” correspondente aos mínimos ou, como sucedeu en dous centros, nin sequera iso polo que existen 5 postos vacantes nos sectores de profesorado. Esa é a responsabilidade dos supostos grupos dunha oposición que minusvalora ao claustro e foron incapaces de promover a presentación dun número suficiente de candidatos. Xa nos gustaría realizar eleccións neses centros, algúns dos que asignan maior número de claustrais, para presentar as nosas propostas e contrastalas con algunhas afirmacións demagóxicas que tratan de desprestixiar á UDC e o seu goberno, que se verten fóra dos órganos correspondentes sen posibilidade de réplica.

Nova Luce non quería entrar nos resultados concretos de cada centro ou candidato/a pero as insinuacións desacredítanse con transparencia. Os membros do equipo reitoral, que todos foron candidatos, foron elixidos cunha única excepción na ETS Arquitectura. Nós considerámolo un éxito. Nin se nos ocorreu comentar a situación dun antigo candidato a reitor, actual claustral crítico co equipo de goberno, que lamentablemente non alcanzou a condición de electo. Tampouco queriamos comentar que un decano, ao que tan mal lle sentou o noso agradecemento, non gaña no seu centro quedado no terceiro posto empatado, vaia por Deus, co candidato de NL e ademais un dos membros do seu equipo decanal nin sequera é elixido. Isto si que é un éxito esmagador.

Nova Luce evita polémicas estériles, pero xa non pode permitir que se amenta unha vez máis á comunidade Universitaria. Quixo agradecer o apoio recibido a un proxecto representado por persoas que se presentaron baixo unhas siglas recoñecibles e para o claustro Universitario, ao que lle esperan catro anos de traballo. Esta é a nosa proxección de futuro, nada máis e... nada menos. Parece que molestou a quen nin sequera foron capaces de presentarse ante os seus compañeiros e que están noutra guerra que agora non toca. Tempo haberá para ese novo reto no que, non teñan dúbidas, Nova Luce estará.

11 dic 2010

Os Xovenes Investigadores e o I+D+i de Galicia

A asociación Precarios de Galicia remitenos un escrito sobre a situación do I+D+i na Galicia do Presidente Feijoo que consideramos relevante. Ahi vai unha parte do texto que se pode leer completo na sua web:

.... A última convocatoria xestionada polo goberno bipartito (2008) ofertou 586 prazas para estudantes de mestrado / DEA, investigadores predoutorais e posdoutorais e tecnólogos. Este ano, o goberno do Sr. Feijóo ten previsto sacar unha convocatoria de 15 prazas só para investigadores posdoutorais con máis de dous anos de estadías no estranxeiro (programa Isidro Parga Pondal) que, a diferenza de anos anteriores, non ten garantías de estabilización nin seguridade de prórrogas (e de cinco anos pasa a ser de soamente tres). Xa o ano pasado denunciábamos que o goberno do PP reducira en máis da metade o número de prazas para investigadores noveis e técnicos, cifra que agora se reduce nun 93,5%, ofertando só 15 postos de traballo: 15 cravos no ataúde da I+D+i en Galicia.

Desde a asociación de investigadores, técnicos e tecnólogos Precarios-Galicia, a Federación de Jóvenes Investigadores (FJI/Precarios) e a Asociación de Investigadores Parga Pondal criticamos duramente a política en materia de I+D+i do goberno de Feijóo, e pedimos ó colectivo investigador galego e á sociedade no seu conxunto que participe e apoie esta protesta.

- O goberno de Feijóo aniquila o sistema investigador galego.

- Non convoca nin as bolsas para estudantes de mestrado, nin os contratos para investigadores predoutorais, posdoutorais ou para técnicos de investigación, que son a base do noso sitema investigador.

- Únete á protesta: concentración detrás da Xunta (fronte á estación de autobuses) en Santiago de Compostela o xoves día 16 de decembro ás 12:00 h.

Implícate, é o momento de facerse oír!!

http://www.facebook.com/precariosgalicia

3 dic 2010

Grazas

Nova Luce agradece o apoio recibido do profesorado da UDC, que respaldou amplamente co seu voto o proxecto universitario representado polos nosos candidatos e polas nosas candidatas. Presentamos candidaturas en case todos os centros da Universidade e o 90% delas resultaron elixidas. Isto supón un avance claro a respecto das últimas eleccións ao Claustro. En consecuencia, os resultados acadados nas eleccións de onte permiten profundar nun modelo de universidade caracterizado pola defensa do ensino superior como servizo público e de calidade.

Con Nova Luce é posible, con Nova Luce sumamos.

19 nov 2010

Facémolo posible

Nestas eleccións aplícanse por vez primeira novas porcentaxes dos diferentes sectores, máis axustadas ao seu peso real na Universidade da Coruña, e con atención ademais ao equilibrio de xénero. Co pulo das candidaturas de NOVA LUCE fixémolo posible.

En 2006, nas anteriores eleccións ao claustro universitario, NOVA LUCE presentou un programa de transformación e innovación consonte co programa electoral que defenderan, só dous anos antes, o profesor Barja e o seu equipo de goberno. Cando, catro anos máis tarde, chegamos á renovación do claustro, o grao de cumprimento daquel programa é o noso mellor aval.

Pediamos entón un claustro máis representativo e democrático e, consecuentemente, cambiamos as porcentaxes de representación que, no caso de estudantes, pasou a ser do 28% -fronte ao 25% anterior– e no do PAS dun 9% fronte ao anterior 5%. Queriamos un claustro con maior poder, malia as limitacións que introducira a LOU, e fixamos nos Estatutos o principio de elección universal para a Reitoría, fixemos preceptiva a votación do informe anual de xestión e da programación económica e limitamos a duración dos mandatos de órganos unipersoais a dous sucesivos. Convén lembralo.

En NOVA LUCE non nos conformamos. En tempos difíciles como estes, cando tantas ameazas sofren as ideas de equidade social, o noso claustro debe asentar os principios extensos e democráticos da Universidade pública, a que sustenta o progreso, non só material, da sociedade europea.

Non toleraremos que se furte o goberno da Universidade aos propios universitarios e universitarias. Defenderemos a preeminencia dos órganos colexiados nacidos da propia Universidade, da nosa experiencia e coñecemento. Faremos bandeira do financiamento público suficiente e negarémonos a calquera proceso de privatización máis ou menos agochada. A necesaria adaptación dos Estatutos que haberá de desenvolver o novo claustro ha responder a estes principios.

Son estas as tarefas que corresponden ás persoas que conformarán o máximo órgano representativo e de control da Universidade da Coruña. Fican por diante catro anos de ilusión renovada e de progreso na construción da Universidade pública, galega e de calidade que queremos e defendemos nas últimas eleccións á Reitoría.

Con NOVA LUCE, sumamos. Con NOVA LUCE, facémolo posible.

17 nov 2010

Claustro e finanzamento

O xoves 18 de novembro celebrárase, a partir das 11 horas, unha sesión extraordinaria do claustro universitario para debater a situación do plan de financiamento do SUG. A todos nós cónstanos a importancia vital que para a UDC ten o nivel de financiamento dos próximos anos, fundamental para os nosos plans de futuro.

Sabemos que a situación actual do claustro, en funcións e co proceso de elección de todos os seus membros, fan complicada esta convocatoria. A pesar diso, o equipo reitoral considera que, para o desenvolvemento das negociacións, é importante que o máximo órgano de goberno da UDC teña a oportunidade de coñecer e pronunciarse sobre o tema.

Ningún membro da comunidad Universitaria da UDC pode quedar ao marxen de este tema. E por eso que esperamos de todoslos claustrais actuais da UDC, independentemente do sector ou sensibilidade, faga un novo esforzo para que, con a súa presenza e participación, fagan posible que a voz cualifica da UDC sexa escoitada. E de vital importancia, por tanto, a máxima asistencia ás 11 da mañá do 18 de novembro no Paraninfo da UDC para debater sobre o futuro financiamento da UDC.

5 nov 2010

Eleccións na UDC

O próximo día 2 de decembro celebraranse eleccións dos distintos sectores aos órganos de goberno da UDC. Elíxense, por tanto, os membros dos Consellos de Departamento, Xuntas de Centros e Claustro en representación dos distintos sectores do profesorado, estudantado e PAS. Nin que dicir que a participación de todos os compoñentes da Comunidade académica nestas votacións é de gran importancia para o futuro da UDC, polo que Nova Luce anima á participación de todos neste proceso.

Entre todos os órganos que deben ser renovados, o Claustro, como máximo órgano de goberno da Universidade, ocupa un posto relevante, máxime cando todos os seus membros, excepto o Reitor, o Secretario Xeral e o Xerente, han de ser elixidos. Esta é a primeira oportunidade en que se elixen os representantes dos distintos sectores coa composición e proporción de acordo cos actuais estatutos da UDC. Esta nova composición constituíu unha das principais propostas programáticas de Nova Luce, xunto coa limitación de mandatos, que foi introducida na reforma de estatutos impulsada por Nova Luce.

A nosa agrupación realizará un amplo esforzo para presentar candidatos na maioría dos centros e sectores do profesorado da UDC. Esperamos que os nosos candidatos obteñan o apoio dos membros da comunidade universitaria que nos permita continuar o proceso de renovación e desenvolvemento da UDC, sobre todo nas complexas situacións ás que se enfronta a UDC e todo o SUG como consecuencia da nova situación de financiamento da Universidade.

21 oct 2010

A UDC no CEI do Campus do Mar

O Ministerio de Educación acaba de facer pública a relación de proxectos de CEI que reciben a distinción na convocatoria do ano 2010. Entre os que mereceron a distinción de CEI na súa categoría de campus rexional atópase o Campus do Mar "Knowledge in depth" que recibiu un financiamento en créditos reembolsables de 5,3 millóns de euros.

A proposta do Campus do Mar realizada pola Universidade de Vigo, que a lidera, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade da Coruña, e conta coa participación do CSIC e o IEO e está formado por unha potente agrupación de I+D mariño, que pon ao servizo desta iniciativa a súa experiencia en docencia, investigación e transferencia das ciencias e tecnoloxías do mar.

Esta consideración de CEI permitirá potenciar a relación entre os grupos de investigación da UDC e as empresas e fomentar a investigación e a transferencia dos grupos de investigación da UDC en catro grandes liñas: a) Observación dos océanos e o cambio global, b) conservación do medio ambiente, aproveitamento enerxético e uso sustentable dos recursos mariños, c) xestión integral da zona costeira, e d) innovación, progreso tecnolóxico, competividade e xestión empresarial nas actividades relacionadas co mar, entre elas a construción naval, tradicional en Galiza, como medio de mantemento do emprego e desenvolvemento.

O Campus do Mar consta dunha escola internacional de posgrao que permitirá impartir másteres e programas de doutoramento conxuntos de todas as universidades que participan no proxecto, o que facilitará a internacionalización das actividades de formación de posgraduados e realización de teses doutorais desempeñados polos investigadores da UDC en estes campos.

Neste momento compre recordar que neste proxecto, coordinado pola Universidade de Vigo, tamen participan directamente a Universidade da Coruña e a Universidade de Santiago, que constituen a agregación avaliada, alén de algunhas portuguesas e centros de investigación. Esta circunstancia (a unión de varias institucións universitarias) é un activo diferencial, que foi moi valorado polo xulgado, frente a outros proxectos (por exemplo, ao Campus Vida) que unicamente era presentado por unha universidade e que non acadaron o nivel de recoñecemento ao que aspiraban.

Por tanto valoramos moi positivamente a concesión deste recoñecemento de Campus de Excelencia Internacional, no que participa a UDC.

O Campus do Mar
Propostas concedidas
Resolución

20 oct 2010

A opinión da UDC sobre o Plan de Financiación do SUG

....O reitor da Coruña, José María Barja, explicou, ........ que «mantemos unha posición firme e crítica, pero responsable, respecto do Plano de Financiamento do Sistema Universitario de Galicia que se está a negociar. Nesta liña, consideramos que a cifra global anunciada para o financiamento do sistema universitario no 2011 resulta admisible dentro da excepcionalidade da situación actual, aínda que obrigará a realizar severos axustes adicionais aos xa efectuados. Ademais, están pendentes de resolución dos problemas da sostibilidade financeira do SUG e do equilibrio entre os seus compoñentes». ...

La Voz de Galicia 19/10/2010


Versión en galego: NovaLuce

Artigo completo

19 oct 2010

A necesidade de reforzar a investigación europea

Ricardo Garcia Mira (Profesor de Psicología Social y Ambiental, UDC), © La Voz de Galicia 19/10/2010.

Recentemente a Xunta decidía contratar unha empresa para captar subvencións a proxectos europeos de I+D+i. Tal decisión implica que a Secretaría Xeral de Modernización encargaría a unha consultora parte das funcións da Oficina de Programas Internacionais de I+D+i da Dirección Xeral de I+D+i (Opidi), que dirixe eficientemente Xavier Alcalá. Ao mesmo tempo, son coñecidas as declaracións do director xeral de I+D+i demostrativas de que non está na prioridade da Xunta reforzar o papel das universidades fortalecendo as súas oficinas de transferencia de resultados de investigación (Otri) e instruíndo aos investigadores na procura de financiamento exterior.

....A Opidi e as Otri, agora relegadas por decisión contraditoria, xogaron un papel crave no esforzo das universidades por captar diñeiro europeo....

....A Xunta acertou coa creación da Opidi, e tamén coa persoa que a dirixe, pero insisto no desacerto de que os fondos que terían que promover as distintas accións dese organismo e das Otri vaian destinados á contratación de empresas que capten subvencións. A parte máis importante da elaboración dunha proposta é a súa calidade científica, e esta só conséguese, e avalíase, en e desde as universidades.

Versión en galego: NovaLuce

Artigo completo

6 oct 2010

A Xunta conxela os fondos das universidades galegas ata 2015

La Opinión, 6 de octubre de 2010

La Administración autonómica no avanza cómo se hará el reparto por universidades ni la cuantía que recibirán al año. Los rectores se reunirán con Educación el próximo lunes.

La Xunta transferirá a las universidades gallegas "más de 2.000 millones de euros" en los próximos cinco años, lo que supondrá, a la espera de concretar las partidas, congelar el presupuesto de las tres instituciones gallegas hasta 2015. En el anterior plan de financiación 2005-2010, el sistema universitario gallego recibió de la administración autonómica 2.209 millones y, según la cifra anunciada ayer en el Parlamento, todo indica que no se superará esta cantidad para los próximos cinco años.


Artigo completo

10 sept 2010

Que miden os Rankings?

Julio Abalde (Catedrático de Microbioloxía, UDC), © La Voz de Galicia 9/9/2010.

Desde hai tempo trátase de valorar a actividade das Universidades a través do lugar que ocupan nos rankings. Vemos a situación que ocupan as nosas Universidades e preguntámonos: como é posible que as universidades españolas non aparezan nos primeiros lugares?, indica a baixa calidade das nosas institucións.

Os rankings miden fundamentalmente as actividades de investigación: publicacións, patentes.... o que facilita o avance dos centros científico-tecnolóxico, fronte ás Universidades Españolas, cun peso importante de estudos xurídicos-sociais e humanísticos.


Ningún dos rankings de universidades inclúe aspectos que inciden directamente nos resultados: a relación profesor/estudante, a capacidade de financiamento do sector privado ou o investimento en relación ao PIB das autoridades competentes, en noso caso a Xunta. En ningún ranking aparecen indicadores relativos aos resultados de formación e docencia. Os titulados e a súa formación son os auténticos esquecidos nos rankings.


A pesar disto, os rankings son instrumentos útiles de diagnoses para coñecer a situación das Universidades na súa contorna e indícannos como evoluciona cada institución. Ano tras ano, a situación das Universidades españolas mellora nos distintos rankings a nivel mundial o que indica o traballo desenvolvido e a preocupación das Institucións en prestar o servizo que a sociedade espera delas.


Versión en galego: NovaLuce

23 jul 2010

Cando a árbore impide ver o bosque

Estes días apareceron na prensa apuntas sobre algúns indicadores das Universidades Españolas do Informe CYD. Na mesma infórmase que a UDC ocupa o número 10 en porcentaxe, non en número como se indica erroneamente no titular, de profesores funcionarios sobre o total do persoal docente cun 61% de profesorado funcionarios. No texto do artigo coméntase esta situación da UDC coas posicións que alcanza en distintos indicadores relativos a produción científica en distintas áreas de coñecemento, nas que a UDC ocupa posicións máis atrasadas, en torno ao posto 24-30. Como pode explicarse esta situación? É tan mala a actividade investigadora dos profesores da UDC?. Para analizar esta situación, non se pode utilizar só eses indicadores senón que hai que utilizar outros datos relevantes. Vexamos algúns, efectivamente a UDC ocupa o posto 10 en porcentaxe de profesores funcionarios sobre o total do PDI, pero se temos en conta o persoal total de PDI ocupa, segundo datos do INE, o posto 28, a última do SUG. Outro dato aínda máis relevante para a capacidade e actividade investigadora deste PDI é a proporción no persoal de Doutores, que son os que teñen plena capacidade investigadora; pois ben mentres a USC ten un 91% do funcionario doutor e a UVI un 78%, na UDC só un 68% dos seus funcionarios son Doutores. Neste último indicador, mentres a USC ocupa o posto 5 entre as universidades españolas e a UVI ocupa o posto 20, a UDC ocupa o posto 30. Aínda máis se temos en conta o total do persoal atopámonos que a USC ten 67% de doutores, a UVI un 50%, a UDC apenas presenta un 43% de PDI Doutor, e aínda encima é o persoal máis pequeno do SUG. Por tanto, con respecto á investigación a UDC ocupa, nin máis nin menos o posto que lle corresponde no concerto das institucións pola tipoloxía do seu persoal de PDI, tanto en tamaño como en cualificación. Isto significa que estamos satisfeitos coa nosa situación?, non. Estes indicadores e rankings teñen que utilizarse para saber onde estamos, cales son as nosas fortalezas e debilidades e que debemos facer para reforzar os primeiros e corrixir as segundas. Esta é a utilidade dos rankings, non para lanzalos uns a outros sen ter en conta as consecuencias para a institución. Ah!, para os que tanto gustan de rankings para valorar a actividade do equipo reitoral: acábase de publicar a edición de xullo do ranking web de universidades realizado polo CSIC desde hai varios anos e a UDC aparece por primeira vez entre as 500 primeiras universidades do mundo, en concreto no posto 451, avanzando 120 postos desde xaneiro de 2008. Entre as españolas ocupamos o posto 24, avanzando tres postos desde xaneiro de 2010. Para os que lles gustan as comparacións: no mesmo período de tempo a USC pasa do posto 18 ao 19 e a UVI do posto 16 ao 18. Que significa isto?, que a nosa institución se atopa nunha fase de mellora continuada con respecto á nosa contorna, nada máis.

11 jun 2010

Campus da Sustentabilidade da UDC

O pasado día 31 de maio, a Universidade da Coruña presentou ante o Ministerio de Educación o seu proxecto “Tecnoloxías para a sustentabilidade económica, social e ambiental”, dentro dá convocatoria de Campus de Excelencia Internacional (CEI) correspondente a convocatoria de 2010. Esta presentación é resultado dun longo proceso desenvolvido pola UDC con rigor e seriedade, que fixo que a UDC decidise, cremos que con bo criterio, non presentarse de présa e correndo á primeira convocatoria que tiña cabida para poucas universidades (5) e de gran tamaño. A UB, que ten un tamaño superior a todo o SUG xunto, necesitou unirse coa UPC para poder obter o selo e a USC obtén una credencial únicamente de un ano e de carácter rexional. Ao longo deste proceso tentouse ter en todo momento informada á comunidade Universitaria: As liñas mestras do CEI foron presentadas polo reitor no Consello de Goberno, no Claustro celebrado o 16 de abril, o CEI foi un dos eixos que motivaron as visitas aos centros desenvolvidos polo equipo de goberno aos centros da UDC que se desenvolveron ao longo destes meses para permitir unha información directa do Equipo de Goberno á comunidade Universitaria, etc.. Antes da presentación pública o reitor informou a toda a comunidade universitaria das liñas básicas da proposta. A información debeu ser adecuada xa que até un membro destacado da oposición recoñece na prensa que se decatou antes como profesor universitario que como cargo público, como cremos que debe ser. As solicitudes de CEI son proxectos estratéxicos, de longa duración, e relacionados co desenvolvemento futuro da Universidade. Son unha etiqueta xa que o financiamento adicional que se podería obter é en forma de créditos reembolsables que representan unha pequena parte do custo do proxecto total. Non é un proxecto de equipo, é un proxecto de Universidade. Por tanto son de desenvolvemento institucional e de integración das institucións universitarias nos seus ámbitos económico-social no que se atopa e ao que serven. Este feito pon de relevo a temática elixida pola UDC xa que permite o desenvolvemento equilibrado da UDC do futuro dunha forma transversal e integradora de todos os campos de coñecemento nos que é competitiva nosa universidade. A Universidade puxo do seu parte todo o necesario para obter a etiqueta de CEI, un proceso altamente competitivo. Esperemos, polo ben da UDC, que o resultado poida ser favorable, e se non seguiremos traballando na mellora da UDC.

9 jun 2010

A lexítima crítica e a función institucional

Non seremos nós, que o sufrimos co anterior equipo, os que valoremos ou impidamos as críticas, cada un ten o dereito de opinar libremente o que queira e polos medios que considere oportuno. É máis, o actual equipo reitoral da UDC pon á súa disposición os sistemas de comunicación cos membros da comunidade Universitaria. Cando chegue o momento, serán contestadas e terán que ser defendidas ante a comunidade Universitaria.

O que se non esta tan claro é a necesaria separación entre as opinión persoais e a función institucional que se desempeña. En reiteradas ocasións aparecen na prensa e noutros medios declaracións realizadas como representante de institucións, responsables de funcións tan importantes como as da ACSUG, na que expresan as súas opinións, case sempre críticas e demagóxicas, cara ao actual equipo reitoral e mesmo personalizan, como portavoz, un grupo de oposición.

Sobre todo cando se ocupa un cargo nunha institución, de gran importancia como Garante Externo de Calidade do SUG, que ten a “misión fundamental de contribuír á mellora dá calidade do Sistema Universitario de Galicia (SUG), para ou cal se levan a cabo accións de elaboración de informes, avaliación, certificación e acreditación dás actividades que desenvolven as universidades galegas”.

O propio código ético da Axencia establece que debe ser “referente canto á garantía de calidade das institucións de educación superior do SUG”, e debe ser “recoñecida en Galicia, España e a nivel internacional pola súa independencia, transparencia e credibilidade. Para levar a cabo ou seu labor de nexo entre as universidades galegas, outras institucións e axentes sociais dun xeito eficiente, é fundamental que a ACSUG teña credibilidade e recoñecemento en todas as súas accións”. Están suxeitos a este código ético todolos membros e “en particular ou director ou directora da axencia”.

¿Que credibilidade terán os informes e avaliacións da ACSUG sobre a UDC? Non se pode ser unha cousa pola mañá e pola tarde outra distinta. Criticas todas, pero as institucións deben estar ao servizo da sociedade e non ser utilizadas para intereses particulares de quen as serven temporalmente. Se os intereses son incompatibles, elixir.

3 jun 2010

Os 'ranking' universitarios, debemos preocuparnos?

© Ana Ripoll (Reitora da Universidade Autónoma de Barcelona), © EL PAIS 28/05/2010.

Dun tempo para acó, todas as universidades españolas andamos obsesionadas por aparecer nos ranking internacionais máis influentes, como o de The Times ou o da Universidade Jiao Tong, de Xangai. Investigamos os indicadores que utilizan os seus creadores para saber se os podemos mellorar; acudimos a seminarios onde se nos explican as bondades dos ranking e como "coarnos" neles -como o celebrado recentemente en Barcelona co mesmo título que este artigo-, ou solicitamos a opinión de expertos para saber que facer para situar algunha universidade española entre os cen primeiras do mundo.

[...] Nos ranking de universidades non se mostra o orzamento co que contan as universidades, o número de persoal: non se explica se se goza ou non de leis de mecenado para incentivar o investimento, non se conta cal é a participación privada ou o investimento en relación co PIB. E estes datos inciden directamente na calidade. En definitiva, todo isto cuestiona o seu rigor e a súa fiabilidade


[...] É dicir, non debemos preocuparnos en exceso polos ranking, pero si traballar para beneficiarnos dos seus aspectos positivos e clarificar os seus aspectos máis discutibles. Mentres tanto, os responsables políticos han de decidir que estratexia adoptan para colocar algunhas universidades españolas entre os 100 primeiros postos dos ranking. Porque está claro que o actual modelo universitario non favorece a excelencia dos centros e, consecuentemente, a súa escalada de posicións nos ranking internacionais. Se non, como é posible que tres escolas de negocios españolas sitúense entre as 15 mellores do mundo, pero a primeira universidade española apareza no posto 200?


[...] Ao meu xuízo, chegou a hora de dar un paso adiante e cambiar. A novos retos, novas solucións. E entre elas, permítome citar dous: a conveniencia de potenciar a concentración de talento e a agregación das institucións investigadoras nas universidades que teñan unha boa conexión coa súa contorna económica e social, e a urxencia de dar un financiamento adecuado ás universidades que xa despuntan no noso país. Creo que é o empuxe que precisan as universidades para aparecer nos primeiros cen postos dos rankings internacionais. Isto significa transformar o sistema de financiamento e, se é preciso, mellorar os mecanismos de goberno para atraer talento internacional e incrementar a mobilidade de docentes, persoal de administración e estudantes.

(Versión en galego: NovaLuce)