9 jun 2010

A lexítima crítica e a función institucional

Non seremos nós, que o sufrimos co anterior equipo, os que valoremos ou impidamos as críticas, cada un ten o dereito de opinar libremente o que queira e polos medios que considere oportuno. É máis, o actual equipo reitoral da UDC pon á súa disposición os sistemas de comunicación cos membros da comunidade Universitaria. Cando chegue o momento, serán contestadas e terán que ser defendidas ante a comunidade Universitaria.

O que se non esta tan claro é a necesaria separación entre as opinión persoais e a función institucional que se desempeña. En reiteradas ocasións aparecen na prensa e noutros medios declaracións realizadas como representante de institucións, responsables de funcións tan importantes como as da ACSUG, na que expresan as súas opinións, case sempre críticas e demagóxicas, cara ao actual equipo reitoral e mesmo personalizan, como portavoz, un grupo de oposición.

Sobre todo cando se ocupa un cargo nunha institución, de gran importancia como Garante Externo de Calidade do SUG, que ten a “misión fundamental de contribuír á mellora dá calidade do Sistema Universitario de Galicia (SUG), para ou cal se levan a cabo accións de elaboración de informes, avaliación, certificación e acreditación dás actividades que desenvolven as universidades galegas”.

O propio código ético da Axencia establece que debe ser “referente canto á garantía de calidade das institucións de educación superior do SUG”, e debe ser “recoñecida en Galicia, España e a nivel internacional pola súa independencia, transparencia e credibilidade. Para levar a cabo ou seu labor de nexo entre as universidades galegas, outras institucións e axentes sociais dun xeito eficiente, é fundamental que a ACSUG teña credibilidade e recoñecemento en todas as súas accións”. Están suxeitos a este código ético todolos membros e “en particular ou director ou directora da axencia”.

¿Que credibilidade terán os informes e avaliacións da ACSUG sobre a UDC? Non se pode ser unha cousa pola mañá e pola tarde outra distinta. Criticas todas, pero as institucións deben estar ao servizo da sociedade e non ser utilizadas para intereses particulares de quen as serven temporalmente. Se os intereses son incompatibles, elixir.