10 sept 2010

Que miden os Rankings?

Julio Abalde (Catedrático de Microbioloxía, UDC), © La Voz de Galicia 9/9/2010.

Desde hai tempo trátase de valorar a actividade das Universidades a través do lugar que ocupan nos rankings. Vemos a situación que ocupan as nosas Universidades e preguntámonos: como é posible que as universidades españolas non aparezan nos primeiros lugares?, indica a baixa calidade das nosas institucións.

Os rankings miden fundamentalmente as actividades de investigación: publicacións, patentes.... o que facilita o avance dos centros científico-tecnolóxico, fronte ás Universidades Españolas, cun peso importante de estudos xurídicos-sociais e humanísticos.


Ningún dos rankings de universidades inclúe aspectos que inciden directamente nos resultados: a relación profesor/estudante, a capacidade de financiamento do sector privado ou o investimento en relación ao PIB das autoridades competentes, en noso caso a Xunta. En ningún ranking aparecen indicadores relativos aos resultados de formación e docencia. Os titulados e a súa formación son os auténticos esquecidos nos rankings.


A pesar disto, os rankings son instrumentos útiles de diagnoses para coñecer a situación das Universidades na súa contorna e indícannos como evoluciona cada institución. Ano tras ano, a situación das Universidades españolas mellora nos distintos rankings a nivel mundial o que indica o traballo desenvolvido e a preocupación das Institucións en prestar o servizo que a sociedade espera delas.


Versión en galego: NovaLuce