Actividades



Visita do candidato de Nova Luce aos Centros da UDC

Co obxetivo de perfilar o programa eleitoral, o candidato de Nova Luce ao Reitorado da UDC iniciará una rolda de visita aos centros da UDC. Nestas vistas o candidato XL Armesto  informará das liñas maestras da proposta para facer frente aos retos futuros de nosa Universidade como son plano de finanzamento, planificación da docencia e da investigación, transferencia, internacionalización, etc. Nestas xuntanzas abertas o candidato tenta recibir de primeira man as inquedanzas, proxectos e dexesos dos membros dos distintos sectores da comunidade universitaria de cada un dos centros da UDC.

Programa de visitas:
  • Facultade de Ciencias do Deporte e Educación Física, 21 de setembro as 13:30, Aula 2
  • Escola Técnica Superior de Arquitectura, 26 de setembro as 13:00, Salón de Graos
  • Facultade de Informática, 27 de setembro as 10:00, Aula 2.6
  • Facultade de Filoloxía, 27 de setembro as 13:00, Salón de Graos
  • Escola Universitaria Politécnica, 28 de setembro as 10:00
  • Escola Politécnica Superior, 28 de setembro as 13:00, Aula 02
  • Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas, 3 de outubro as 10:30
  • Facultade de Ciencias da Educación, 3 de outubro as 13:00
  • Facultades de Socioloxía e Ciencias da Comunicación, 4 de outubro as 10:00
  • Facultade de Dereito, 4 de outubro as 13:00
  • Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos, 5 de outubro as 10:00 
  • Facultade de Econonomía e Empresa, 5 de outubro as 13:00, Salón de Graos
  • Escola Universitaria de Arquitectura Técnica, 6 de outubro as 13:00, Sala de Profesores
  • Facultade de Ciencias, 10 de outubro as 13:00, Salón de Actos
  • Facultade de Ciencias do Traballo, 11 de outubro as 10:30, Salón de Actos do Vicerreitorado de Ferrol
  • Facultade de Enfermeria e Podoloxía, 11 de outubro as 10:30, Salón de Actos do Vicerreitorado de Ferrol
  • Facultade de Humanidades, 11 de outubro as 10:30, Salón de Actos do Vicerreitorado de Ferrol
  • EU de Deseño Industrial, 11 de outubro as 10:30, Salón de Actos do Vicerreitorado de Ferrol
  • Escola Universitaria de Fisioterapia, 14 de outubro as 13:30

(Este programa esta suxeito a cambios en función das necesidades de axenda e disponibilidade dos centros)